Site icon Crónica3.com A Mariña

Mozos do PP explican en Burela o paquete de medidas promovido polo Goberno Central para fomentar o emprego xuvenil

NNXX-OPALugo 20 de abril de 2013.- Novas Xeracións da provincia de Lugo centrouse esta mañá en analizar as medidas para o fomento do emprego; un evento enmarcado na campaña promovida pola agrupación política, orientada a potenciar o emprendemento como forma de impulsar o crecemento económico en Galicia.

Nun acto organizado na antiga biblioteca de Burela e no que participou OPA Galicia, os mozos populares promoveron o “espírito emprendedor” entre os máis novos da comarca ao tempo que lles explicaron aos asistentes o paquete de medidas promovido polo Goberno de Mariano Rajoy para o fomento do emprego xuvenil.

A través de ponencias e casos reais xerouse un debate no que se abordou a importancia do emprendemento e da innovación na actualidade, coa finalidade de xerar conciencia sobre isto entre os mozos e mozas.

Pola súa banda, o presidente da Organización de Profesionales e Autónomos de Galicia (OPA Galicia), Antonio Lage, encargouse de presentar a organización que preside, que conta na actualidade con 19.000 asociados no conxunto da rexión, e explicou a labor que realiza OPA Galicia así coma os servizos que presta aos emprendedores e autónomos, xa sexan nacionais ou estranxeiros.

Lage Tejerina agradeceu a NNXX do Partido Popular o feito de poder colaborar e formar parte da mesa redonda e aplaudiu as políticas que está levando a cabo o Goberno Central para mellorar a situación dos novos emprendedores españois.

Para Lage tódalas actuacións encamiñadas a facilitar a labor dos novos emprendedores “sempre serán positivas”, como a posta en marcha da Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven por parte do Goberno central. Asemade, considera de gran interese para o colectivo a creación da fiestra única para os novos emprendedores así como a activación de novos mecanismos de apoio á financiación.

Un acto no que participou o secretario xeral do PP lucense e de Novas Xeracións de Galicia, José Manuel Balseiro e Juan Francisco López Prieto, respectivamente; así como do rexedor da localidade, José María González Barcia e do presidente provincial de Novas Xeracións de Lugo, Daniel Vega.

Exit mobile version