
Froito da unión do Café Bar Moderno, Hotel Ría do Masma e a Peña Barcelonista San Miguel, nace esta iniciativa deportiva en Barreiros. Nesta primeira edición tratarase dunha carreira popular polas praias de Barreiros, unha das poucas carreiras de España que se celebra nos propios areais. A carreira será o vindeiro domingo 12 de maio de 2013, a partir das 11.00 h. Todas as saídas e chegadas serán en Punta Anguieira – San Bartolo – Barreiros. Empezarase coas categorías infantís e posteriormente ás 12.30 h. e aproveitando a marea baixa, disputarase a proba absoluta. Os circuítos infantís terán un percorrido dende 150 m. ata 2.000 m., segundo as categorías e só os maiores desta categoría correrán pola praia. O percorrido dos máis cativos será por asfalto. O circuíto de adultos terá un percorrido de 11 km., un 90% será polas propias praias de Barreiros, Altar, San Bartolo, Remior, Fontela, Balea e Lóngara. Toda a información sobre a proba pódese consultar nas webs http://penhabarcelonistasanmiguel.jimdo.com e http://hotelriadomasma.com/.