Site icon Crónica3.com A Mariña

Nanocontos e xogos na Biblioteca de Foz

NanocontosA biblioteca municipal de Foz organiza unha programación especial con motivo da celebración do Día do Libro e do Día das Letras Galegas. O día 29 de abril, para nenos de 0 a 3 anos, en “Nanocontos” achegaráselle aos papas unha bibliografía de libros de interese para comenzar co hábito lector. Trátase dun espectáculo que estimula as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos bebés a través de pequenas historias adaptadas para captar o seu interese e cunha duración apropiada á súa capacidade de atención. Ademais, o 23 de abril haberá unha visita á biblioteca e todos os que se fagan socios nesa xornada recibirán un libro de agasallo. E con motivo do Día das Letras Galegas, ademáis do Concurso de Narración e Debuxo Infantil, os rapaces e rapazas de 4º da ESCO contarán cun obradoiro xogo titulado “As 6 caras das Letras Galegas” o mércores 15 de maio.

Exit mobile version