
A Biblioteca Pública Municipal de Foz organizou unha sesión de contacontas para nenos de 0 a 3 anos, “Nanocontos”, dentro do “Programa das Letras”. Un éxito de público que fixo pequeno o recinto da Casa da Cultura, e que engaiolou aos máis pequenos e aos seu pais que levaron unha bibliografía especializada.