Site icon Crónica3.com A Mariña

NN.XX. promoverá mañá en Burela o “espírito emprendedor” entre os mozos e mozas

• O acto, organizado co participación de OPA Galicia, celebrarase ás 11:00 horas na Antiga Biblioteca de Burela.

• A el asistirán tanto responsables políticos, como autónomos e emprendedores que abordarán a importancia do emprendemento e da innovación na actualidade.

Lugo 19 de abril de 2013.- Novas Xeracións da provincia de Lugo promoverá mañá en Burela o “espírito emprendedor” entre os mozos da comarca ao tempo que lles explicará o paquete de medidas promovido polo Goberno central para o fomento do emprego xuvenil.

Este acto está enmarcado na campaña promovida pola agrupación política, orientada a potenciar o emprendemento como forma de impulsar o crecemento económico en Galicia e a creación de emprego.

O acto celebrarase mañá na Antiga Biblioteca de Burela, ás 11:00 horas, coa presenza do presidente de OPA Galicia, Antonio Lage Tejerina.

Así, a través de ponencias e casos reais xerarase un debate no que se abordará a importancia do emprendemento e da innovación na actualidade, coa finalidade de xerar conciencia sobre isto entre os mozos e mozas.

Deste xeito, prevese ademais a participación dos secretarios xerais do PP lucense e de Novas Xeracións de Galicia, José Manuel Balseiro e Juan Francisco López Prieto, respectivamente; así como do rexedor da localidade, José María González Barcia e do presidente provincial de Novas Xeracións de Lugo, Daniel Vega.

Exit mobile version