Site icon Crónica3.com A Mariña

Noe Cabana, campión de España de fútbol sala, foi recibido polo alcalde de Xove

NOEL CABANA CAMPIÓN ESPAÑA FÚTBOL SALA 2A última hora da mañá deste mércores e no Salón de Plenos do Concello de Xove, o alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Deportes e Turismo, Cristina Iglesias, recibiron a Noé Cabanas Alemparte, rapaz de Xove que acaba de proclamarse campión de España de Fútbol Sala de Seleccións Autonómicas Base, na categoría infantil. Noel Cabana é porteiro da Selección Galega, e proclamouse campión de España no torneo celebrado do 5 ao 7 de abril deste ano en Oropesa del Mar.

Pola súa parte, o alcalde felicitou a esta xove promesa do fútbol sala e animouno a seguir traballando para acadar novas metas.

Exit mobile version