Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova charla de ACISA Ribadeo sobre as preferentes e subordinadas

ACISA Ribadeo organiza unha charla sobre as preferentes e as subordinadas que terá lugar o mércores 24 de abril, a partir das oito da tarde no salón de actos da Casa Sindical e na que se contará coa presenza do despacho Mateo y Sánchez, especialistas en dereito bancario. A directiva da ACISA sinalan que se falará da alternativa xudicial para os afectados, dado o gran número de reclamacións que se presentaron en Ribadeo. A xornada de charla-coloquio está aberta a todo o que queira asistir, sexa socio ou non.

Exit mobile version