Site icon Crónica3.com A Mariña

Novas Xeracións presenta o programa da mesa de traballo sobre “Estratexias para o turismo en Mondoñedo”

A Casa da Xuventude de Mondoñedo acollerá este sábado 27 de abril unha mesa de traballo sobre “Estratexias para o turismo en Mondoñedo” organizada por Novas Xeracións.

O acto arrincará ás dez e media da mañá coa benvida do presidente da organización xuvenil popular da vila, Alberto García, e continuará coa táboa redonda “Estratexias para un turismo interior, patrimonio-cultural, de calidade” moderada polo máximo responsable da organización en Mondoñedo e coa participación de Carlos Armesto Quiroga, presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra; Alessandra Seara Sobrina, xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e Paloma Vázquez Fernández, xefa da Área Provincial, dependente da Axencia de Turismo de Galicia “Dende a visión da administración”.

“O Turismo en Mondoñedo. Experiencias e estratexias de futuro” será a táboa redonda que se celebre ás doce do mediodía moderada por Marcos Muruais, membro de NNXX Mondoñedo e na que intervirán Pablo López Pérez. Director de Analiza para falar sobre a “Oportunidade de Paquetizar e estratexias de comercialización”; Susana Conde, xerente da Axencia de Viaxes Mundo Galaico que achegará “Un proxecto turístico para Mondoñedo” e Chus Amieiro, empresaria do sector turístico local, que explicará a súa “
“Experiencia persoal na Casa de Mañas”.

Daniel Vega, presidente provincial de Novas Xeracións de Lugo e Elena Candia, portavoz do PP de Mondoñedo, intervirán no acto de clausura do acto arredor da unha do mediodía.

Exit mobile version