Desde a plataforma queremos agradecer a todos os asistentes a súa presenza e en especial aos membros de CIT de San Cibrao o habernos cedido o seu salón para a charla, xa que a pesar de solicitar ao Concello de Cervo a cesión da Casa da Cultura con cinco días da antelación no momento da mesma aínda non contestaran. A pesar diso agradecemos ao Concello as xestións realizadas e a asistencia do edil de deportes.
Por outra parte, desde a Plataforma queremos denuncia que segue nos atropelos por parte das subcontratas de Begasa encargadas da sustitución dos contadores e que se seguen vulnerando os dereitos dos usuarios, xa que se manipulan ditos equipos se na autorización do titular, requisito indispensable para iso e que está regulado por Real Decreto. Non so se vulneran os dereitos do usuario desta forma senón que cando o usuario se nega ó cambio se lle fai caso omiso e se lle sustitúe o equipo igualmente.
Recordamos desde a plataforma que se solicitou en numerosas ocasións a autorización de uso de ditos equipos por parte da Xunta de Galicia, sen que ata o día de hoxe, se teña noticia da mesma pese a que foi solicitada xa en BEGASA no mes de novembro e na Consellería de Industria en xaneiro. Vaise solicitar agora a documentación á Comisión Nacional da Enerxía e ao valedor do Pobo.