Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela foi nomeado membro do Consello Escolar de Galicia en representación da FEGAMP

Burela, 22 de abril de 2013. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, acaba de ser nomeado membro do Consello Escolar de Galicia en representación de Federación Galega de Municipios e Provincias.

O rexedor declarou que “é unha satisfacción poder defender os intereses dos Concellos e dos seus veciños nunha institución que ten a súa importancia coma órgano consultivo dentro do mundo do ensino”.

González Barcia engadiu que “polo Consello Escolar de Galicia pasan as solucións que desde a Xunta se plantexan na educación. Alí prodúcese a toma de consideración e a emisión dos informes correspondentes”.

O Consello Escolar de Galicia foi creado en 1986 como foro de reflexión, expresión e achega de ideas dos representantes de todos os sectores sociais na política educativa de Galicia.

Exit mobile version