Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG cre que a política agraria e a política pesqueira común conducen á ruína de Galiza

Membros do Bloque reuniranse mañá con representantes deste sectores na Mariña para analizar as consecuencias das políticas europeas e do PP que están provocando a inviabilidade de centos de explotacións e da flota da comarca.

A Mariña, 25 de abril de 2013. Unha representación do Bloque Nacionalista Galego (BNG) formada por Ana Miranda, deputada no Parlamento Europeo, Cosme Pombo, deputado no Parlamento de Galiza, Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo, e Ana Ermida, responsábel comarcal, reuniranse, mañá, venres 26 de abril, ás 12:30 horas, na Casa do Mar de Ribadeo, con representantes do sector agrogandeiro da comarca da Mariña para analizar a súa situación actual e o seu futuro a curto prazo.

Desde a formación nacionalistas alertan de que as políticas da Unión Europea, do Goberno do Estado e da Xunta de Galiza están afogando a un dos sectores estratéxicos da economía do país, polo que demandan un cambio de rumbo en materia lexislativa, xa que un alto porcetanxe da poboación da Mariña ten como principal fonte de ingresos o sector agrogandeiro e non convén seguir adoptando medidas que so camiñan cara a desmantelamento do sector e a destrución de emprego.

Outro dos sectores clave para a economía do país e que tamén está a vivir unha situación que desde o Bloque se califica de ‘indigna e dramática é o sector pesqueiro, co que tamén se reunirá esta representación da formación nacionalista, ademais o responsáble nacional de organización da formación, Bieito Lobeira, ás 16:30 horas, na Cofradía de Pescadores de Celeiro.

O sistema de cotas imposto por Europa, co beneplático do Executivo central e a Xunta de Galiza, está condenado á flota de altura, arrastre e baixura á invisibilidade, ao amarre e posterior despezamento, pondo en risco milleiros de postos de traballo directos e indirectos.

Para os nacionalistas o único xeito de solucionar “a traxedia que sofren os sectores agrogandeiro e pesqueiro é que Galiza sexa soberana e poida decidir sobre os seus propios recursos. Os galegos e as galegas teñen dereito a producir, a vivir dos recursos do país e do seu traballo con dignidade”.

Exit mobile version