Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros insta a Alfonso Fuente e á Xunta a cumplir as súas promesas sobre a estrada LU-133 Vilamar – Reme

Barreiros, 17 de abril de 2013. No Pleno celebrado o pasado 12 de abril no Concello de Barreiros, o BNG demandou do alcalde unha resposta inmediata sobre a reparación da estrada LU-133 Vilamar-Reme, cuxo titular é a Xunta de Galiza. Esta estrada, que comunica aos concellos de Barreiros e Ribadeo ao longo de 21 km, presenta un deficiente estado de conservación co conseguinte perigo que iso supón para a circulación de vehículos.

No mes de setembro de 2009, o alcalde de Barreiros anunciou que tiña o compromiso do conselleiro Agustín Hernández de investir 500.000 € no tramo barreirense da mencionada estrada, concretamente entre os puntos quilométricos 0,000 (Vilamar) e 6,640 ( á altura de Vilamartín Grande). Catro anos despois, a estrada sigue deteriorándose e tanto desde a Xunta como desde o Concello dan a calada por resposta.

Por todo isto, a portavoz municipal do BNG Ana Ermida reclamou no pleno o cumprimento do anuncio feito polo alcalde esixindo a execución inmediata da obra. Desde o BNG recoméndanlle ao alcalde barreirense do Partido Popular que cumpla as verdadeiras funcións dun alcalde, esto é: conseguir inversións para o seu concello e garantir os servizos. “Desgraciadamente, o alcalde barreirense dedicase máis a pasar o tempo en Internet que en facer xestións para o concello” afirmou a portavoz nacionalista, en clara alusión as manifestacións do rexidor en días pasados cando intentaba disculpar a súa bravuconada machista alegando que a vira en Internet.

Do mesmo xeito, os nacionalistas barreirense interesáronse tamén pola promesa feita hai máis de tres anos por Alfonso Fuente relativa á ampliación do Albergue de Gondán, en pleno Camiño Norte, cando anunciara para o mesmo unha inversión de 250.000€. Tanto no caso da estrada Vilamar-Reme como na ampliación do albergue o alcalde non quixo respostar.

Desde o BNG recriminan a actitude propagandística do alcalde barreirense, anunciando e vendendo como propias inversións doutras institucións, e a súa nula capacidade de xestión á fronte do concello para realizar inversións en beneficio do conxunto da veciñanza.

Exit mobile version