Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia que todos os tramos da A8 deberan estar rematados en 2007

Mariña, 26 de abril de 2013. Rosana Pérez, deputada do Bloque Nacionalista Galego (BNG), no Congreso dos Deputados, presentará, mañá sábado, ás 12:45 horas, na Cruz do Lobo, unha serie de iniciativas e preguntas dirixidas ao Goberno do Estado sobre o atraso que acumulan algúns dos tramos da A8 ao seu paso pola Mariña e nas que se demandan melloras nas estradas de titularidade estatal da comarca.

Desde o Bloque levan tempo alertando do mal estado de conservación e da falla de sinalización da A8, da N624 e da N634, o que supón un perigo para condutores e peóns. O Ministerio de Fomento é coñecedor de que a N634 é a estrada que máis puntos negros acumula de todo o Estado e continúa a non prestar atención a este asunto e a non buscarlle solucións.

Para os nacionalistas esta deixadez do Partido Popular enmárcase nunha estratexia máis ampla de illar a Mariña e sumila no atraso económico e social.

No acto participarán tamén cargos orgánicos e institucionais do Bloque Nacionalista Galego de Cervo, Burela, Foz, Barreiros, Ribadeo e Mondoñedo.

Exit mobile version