Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG esixe o arranxo das pistas forestais deterioradas pola chuvia en Alfoz e O Valadouro

A Asemblea Local do BNG está a informarse sobre as pistas forestais que sufriron danos polas abondosas chuvias deste inverno e comezos da primavera. Vén de elaborar un texto único para os dous concellos do val, o cal, foi rexistrado esta semana en ambos os dous consistorios.

Pleno ordinario do Concello do Valadouro
O 19 de abril celebrouse o Pleno do Concello do Valadouro onde, entre outras cuestións, se trataron:

-Orzamento municipal 2013: O concelleiro do BNG vota en contra, xa que, en investimentos reais, quitando o do canon eólico, a maior axuda ven da área de deportes da Deputación (60.000 da pista de andadura), o cal denota a ausencia de xestión e control local.

-Moción do PP sobre a área sanitaria da Mariña: O concelleiro do BNG trata de presentar unha moción de urxencia para a defensa da área sanitaria da Mariña, a urxencia é rexeitada polo grupo de goberno é non se pode presentar. Entón, ante a presentación dunha moción que fala da área sanitaria por parte do grupo do PP, o concelleiro do BNG presenta unha enmenda ao devandito texto por consideralo insuficiente e non defender con valentía e firmeza a área sanitaria da Mariña, ademais do seu fomento e consolidación no futuro, a enmenda é rexeitada polo gupo de goberno.

Ao final, a moción do PP sae adiante grazas non só aos votos favorábeis dos concelleiros do PP senón polas abstencións dos grupos da oposición (agás o BNG, que votou en contra), actuación que dende o BNG tildamos de silencio cómplice co PP, formación que malia presentar mocións para lavar a cara diante da cidadanía, constitúe o verdadeiro verdugo do Hospital da Costa.

Dende o BNG queremos amosar a nosa estrañeza ante a actuación do PSOE neste pleno, xa que tratándose dun grupo político que participa e apoia os colectivos creados a prol da área sanitaria comarcal, despois “mira para outro lado” cando o PP presenta mocións coa única intención de quedar ben, e non contribúe a desenmascaralos.

-Toque de atención do noso concelleiro polo excesivo uso de papel: Aproveitou o pleno para dar un toque de atención sobre a grande cantidade de papel que se está a empregar cada vez que se entrega documentación dun pleno aos concelleiros, isto ademais de ser contraditorio coas boas prácticas de sustentabilidade e respecto pola natureza, é algo desfasado dende que os pen drive (lapis de memoria) se converteron en obxectos de uso común. O concelleiro do BNG demandou que a documentación previa referida aos plenos sexa entregada neste formato dixital, por aforro, por ecoloxía e por funcionalidade.

Exit mobile version