Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela Pescados Rubén xógase o liderato

O Burela Pescados Rubén afronta un novo desafío no súa defensa do liderato da Primeira División. O reto das guerreiras de Javier Pardeiro é conquistar o feudo do Cidade das Burgas, nun derbi galego que é un clásico da categoría. As ourensanas buscarán unha vitoria que lles conceda maior tranquilidade no seu obxectivo por conservar a categoría. En fronte, un Burela Pescados Rubén que chega a Ourense ávido de triunfos para manterse como líder. A loita pola vitoria comezará ás 17.00 horas, sábado día 20, no pabellón municipal de Os Remedios.

Malia a diferenza na clasificación, Silvia agarda “un partido complicado, son un equipo competitivo e cun estilo de xogo peculiar. Hai que ser intelixentes, debemos impoñer o noso xogo” A xogadora laranxa, que se estreou como goleadora na pasada xornada, móstrase confiada para conseguir a vitoria xa que “o equipo está moi concentrado e traballando moi ben. Imos paso a paso, afrontamos este partido concienciadas da súa importancia” O técnico laranxa, Javier Pardeiro, dispón do persoal ao completo para defender o liderato.

Exit mobile version