Site icon Crónica3.com A Mariña

O cambio de contadores, principal tema da charla organizada por ACISA en Ribadeo

Foto charla abusos electricasUnha vintena de persoas asistiron onte á charla que pronunciou a plafaforma de afectados polos abusos do mercado eléctrico, que organizaron ACISA Ribadeo e este colectivo. Varios foron os temas abordados, pero un dos que suscitou máis preguntas foi o cambio dos contadores que se está efectuando por parte das compañías. A plataforma recomenda á cidadanía que non procedan a cambiar os seus contadores, salvo que reciban unha notificación, e que esixan a documentación do novo contador, ademáis do certificado correspondente dos datos de lecturas do aparato sustituído e do novo, xa que moitos equipos non cumpren coas esixencias que marca a lei. Sobre os continuos cortes no suministro eléctrico que sofre Ribadeo a recomendación da plataforma é denuncialos de forma masiva ante a Consellería de Industria co obxetivo de que sexan conscientes da gravidade da situación e para que tomen cartas no asunto.

Exit mobile version