Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS convoca eleccións para o vindeiro 1 de xuño

O Club Deportivo Burela FS Pescados Rubén terá nova Xunta Directiva. Así o acordou onte a Asemblea Extraordinaria de Socios/as, que aprobou a proposta de convocar eleccións para o sábado 1 de xuño.

Os socios laranxas tamén deron o visto e prace á inclusión do regulamento electoral nos estatutos da entidade. Aceptada esta modificación no réxime fundacional do club, foi constituída a comisión de garantías electorais, formada por Diego Fernández e Lorenzo Fernández, como socios de menor idade e maior idade presentes na asemblea respectivamente; Antonio Couto, como directivo da xunta saínte; e Fernando López, xerente do club.

O calendario electoral queda fixado do seguinte xeito:

Do mércores 1 de maio de 2013 ao mércores 15, presentación de candidaturas

Venres 17 de maio, convocatoria da Asemblea Extraordinaria, con data sábado 1 de xuño 3013, para votación e proclamación da nova Xunta Directiva

Sábado 1 de xuño, votacións no Salón de Conferencias de Burela, de 11.00 a 13.00 horas. Proclamación da nova Xunta Directiva, ás 13.30 horas

Exit mobile version