Os de Celeiro, participaron nesta regata oficial da tempada de Bateis, logo de acudir, a A Cabana(Ferrol) en dúas ocasións, e a Narón, a regatas preparatorias nos pasados meses de febreiro e marzo.
A tarde foi idónea para a práctica do remo, cunha temperatura agradable e vento frouxo no campo de regatas de Esteiro, que acolleu a proba clasificatoria coa participación de 12 clubes chegados da provincia da Coruña, e o club celeirense único participante da provincia de Lugo.
Os celeirenses chegaron a Esteiro con dúas tripulacións, en categoría cadete e xuvenil.
Na categoría cadete, a tripulación de celeiro, formada por Alvaro como patrón, Marcos, Píñon, Cristian e Abraham, participou na primeira tanda das dúas, correspondentes a súa categoría, rematando a regata no segundo posto por detrais de Rianxo, que dominou a tanda A, e superando ás tripulacións de Noia e Nautico de Boiro. Na tanda B a igualdade foi a tónica dominante entre as tripulacións de Perillo, Cabo da Cruz, Pobra, Ares e A Cabana, rematando finalmente no primeiro posto da tanda Cabo da Cruz, que tamén dominou a clasificación xeral da categoría cadete, correspondendolle o 7º posto do xeral ao Club de Remo Celeiro.
Na categoría xuvenil, a tripulación de Celeiro, formada por Álvaro como patrón, Adriano, Vicente, José Luís e Brais, participaron na tanda A, ficando no terceiro posto, superados por Esteirana e Rianxo. Na tanda B, dominou a proba Cabo da Cruz, impoñéndose claramente a Perillo, Nautico de Boiro e Narón. A clasificación xeral por tempos deu por vencedor a Esteirana superando en tan só 25 centésimas a Cabo da Cruz. Os de Celeiro remataron a proba en séptimo lugar, a tan só un segundo de Narón.
As dúas tripulacións, ficaron polo tanto clasificadas, conforme a normativa da Federación Galega de Remo, para a Territorial Norte que se celebrará o vindeiro sábado nas augas da Pobra do Caramiñal, e que será clasificatoria para o Campionato Galego de Bateis.
TEMPOS POR TANDA E RESULTADO FINAL
HOMES CADETES | ||||||
BOIA | 1ª QUENDA | 1ª VIRADA | 2ª VIRADA | TEMPO FINAL | POSTO | |
1 | CELEIRO | 2.24 | 5.05 | 7.34.69 | 7º | |
2 | NOIA | 2.26 | 5.13 | 7.42.43 | 8º | |
3 | NÁUTICO BOIRO | 2.26 | 5.16 | 7.42.85 | 9º | |
4 | NARÓN | Non saleu | ||||
5 | RIANXO | 2.08 | 4.26 | 6.40.62 | 6º | |
BOIA | 2ª QUENDA | 1ª VIRADA | 2ª VIRADA | TEMPO FINAL | POSTO | |
1 | CABO DA CRUZ | 2.00 | 4.14 | 6.21.58 | 1º | |
2 | POBRA | 2.02 | 4.22 | 6.29.74 | 3º | |
3 | ARES | 2.01 | 4.17 | 6.27.50 | 2º | |
4 | A CABANA | 2.04 | 4.23 | 6.37.01 | 5º | |
5 | PERILLO | 2.02 | 4.22 | 6.31.01 | 4º | |
HOMES XUVENÍS | ||||||
BOIA | 1ª QUENDA | 1ª VIRADA | 2ª VIRADA | 3ª VIRADA | TEMPO FINAL | POSTO |
1 | ESTEIRANA | 1.57 | 4.05 | 6.18 | 8.25.16 | 1º |
2 | RIANXO | 2.02 | 4.10 | 6.24 | 8.30.51 | 3º |
3 | CELEIRO | 2.06 | 4.21 | 6.48 | 9.05.37 | 7º |
4 | ||||||
BOIA | 2ª QUENDA | 1ª VIRADA | 2ª VIRADA | 3ª VIRADA | TEMPO FINAL | POSTO |
1 | CABO DA CRUZ | 2.00 | 4.08 | 6.19 | 8.25.41 | 2º |
2 | PERILLO | 2.06 | 4.19 | 6.36 | 8.44.71 | 4º |
3 | NÁUTICO BOIRO | 2.08 | 4.21 | 6.39 | 8.46.44 | 5º |
4 | NARÓN | 2.09 | 4.27 | 6.51 | 9.04.12 | 6º |