Site icon Crónica3.com A Mariña

O colexio de enxeñeiros de camiños, canais e portos de Galicia pon en marcha un premio de xornalismo para ampliar o seu prestixio social

A Coruña, 24 de abril de 2013.- O Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos de Galicia (CICCP) pon en marcha unha iniciativa destinada a recoñecer o mellor traballo divulgado por un medio de comunicación, con presenza en Galicia, que poña en valor as actividades e valores humanos e profesionais asociados ao colectivo de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. Trátase do I Premio de Xornalismo do CICCP, dotado con 1.000 euros.

Os traballos xornalísticos que aspiren ao premio deberán circunscribirse á temática do II Congreso Internacional de Enxeñería Civil e Territorio Galicia-Norte de Portugal e estar relacionados coas dialécticas “Auga e Enerxía” ou “Auga, Cultura e Sociedade”. Admitiránse traballos publicados ou emitidos nos medios galegos e tamén nas edicións de Galicia de medios de ámbito nacional, tanto escritos –en soporte papel ou dixital- como radiofónicos ou audiovisuais. Ademais, poderán participar tamén traballos referidos a outros xéneros coma o fotoxornalismo ou a viñeta periodística.

Os traballos presentados a concurso teñen que ser difundidos, por primeira vez, entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de maio de 2013. Poderán ser presentados directamente polos propios candidatos ou por terceiras persoas pertencentes a institucións, a administracións e a medios de comunicación ou por colexiados. Admitiráse un único traballo por autor e será necesario facilitar a comprobación da data e o medio no que o traballo fora divulgado.

O xurado do premio estará conformado por diferentes representantes do sector dos medios de comunicación, así como por profesionais vinculados ao ámbito da Enxeñería de Camiños, Canais e Portos. Ademais da contía en metálico, o gañador recibirá unha peza conmemorativa deseñada para a ocasión pola artista Cruz Pérez Rubido.

O galardón entregarase na mesma gala que o Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos de Galicia realice para entregar outro dos premios que promove anualmente, o Premio San Telmo, destinado a distinguir a obra de exeñería civil máis representativa de Galicia.

O CICCP quere animar a todos os xornalistas a enviar os seus traballos, antes do 31 de maio, á sede do colexio, xa que se pretende consolidar a iniciativa e garantizar a súa continuidade en edicións futuras.

Exit mobile version