Site icon Crónica3.com A Mariña

O colexio Martínez Otero visita o Concello de Foz

FOTO ALUMNOS COLEXIO MTNEZ OTEROMedio centenar de alumnos de 3º e 4º de Primaria do colexio Martínez Otero, de Foz, visitaron hoxe a Casa do Concello e foron recibidos polo alcalde, Javier Jorge Castiñeira, a quen lle preguntaron sobre varios asuntos, sobre todo relativos á crise económica. O rexedor municipal pediulles que axuden e colaboren para tratar de facer un concello mellor con comportamentos cívicos e coidando dos parques e do resto das zonas públicas.

Exit mobile version