Site icon Crónica3.com A Mariña

O Comité de Empresa do Concello de Foz critica que os grupos políticos utilicen o tema da RPT como “arma arroxadiza”

Despois das noticias saídas nos medios de comunicación no relativo a aprobación do presuposto no Concello de Foz e no relativo ao persoal tanto laboral como funcionario, o Comité vese na obriga de aclarar certos aspectos terxiversados polos medios como é:

1º.- Se está a falar dunha subida salarial do 30% para este ano. Mentira, non é unha subida salarial senón uns ATRASOS especificados na aprobación da Relación de Postos de Traballo (e que xa tiñan que estar pagados a día de hoxe) para equiparar o salario dos traballadores coas retribucións que debíamos cobrar por posto desempeñado e ao ser un dos concellos da Mariña que menos paga aos seus traballadores.

2º.- Que na Aprobación da Relación de Postos de Traballo no ano 2010, quedou establecida unha compensación para equiparar posto de traballo e salario, onde o Comité de Empresa e pola súa boa fe, deixou que se pagara en catro anualidades, en lugar de acomételo gasto todo de golpe para non supoñer unha carga par as arcas municipais:

10% no ano 2011
20% no ano 2012
30% no ano 2013
40% no ano 2014

3º.- Que estamos cansos de que se utilice as retribucións dos traballadores como arma arroxadiza entre os grupos políticos, cuns cambios de postura que en nada favorecen o bo funcionamento e ambiente nos traballadores municipais.
4º.- Que na maioría dos casos dos operarios municipais os soldos mensuais non chegan aos 1.000 euros. E que o pagamento dos atrasos correspondentes na maioría dos casos non pasan dos 15 euros mensuais.

5º.- Que non estamos a pedir nada que non fose gañado a pulso nos últimos anos e que non nos pertenza, usan só a demagoxia mais pura para intentar votar a cidadanía na contra dos traballadores, con titulares que non son para nada certo. De ser o 30% do salario seríamos o primeiro Concello de toda España en pedir semellante suma á vez que a Lei de Presupostos Xerais, non deixa subir os salarios dende o ano 2012.

Con estas aclaracións, consideramos que se debería reflexionar dende o equipo de goberno, para cumprir cun acordo plenario (por lei) e consignar a partida correspondente para este ano 2013, da maneira que considere oportuna.

O Comité de Empresa

Exit mobile version