Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela acollerá este luns unha xuntanza para falar da elaboración das alfombras florais das festas patronais

Burela, 5 de abril de 2013. O salón de plenos do Concello acollerá o vindeiro luns, 8 de abril, ás 20:30 horas unha xuntanza para afondar na confección das alfombras florais que encherán de color as rúas da vila nas vindeiras festas patronais.

Segundo explica a concelleira de Cultura, Mónica Pedre, “nese encontro estarán representantes dos distintos grupos que confeccionan as alfombras. Desde o Concello e desde a Comisión de Festas pedimos a colaboración dos veciños e das veciñas de Burela para seguir mantendo un ano máis esta fermosa tradición”.

Tamén o vindeiro luns a Comisión de Festas Burela 2013 comezará a recadas fondos para financiar os actos festivos en honor á Virxe do Carme e a San Xoán Bautista.

A comisión está formada por Olivita Cabanas, como presidenta; Cándida Basanta é a vicepresidenta; Natalia Piñeiro é a tesoureira; Virginia Bravo, como secretaria; son vogais Olga Blanco, Elia Trelles e Carmen Teijeiro; e Mónica Pedre, concelleira de Cultura é a representante do Concello.

Exit mobile version