Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela organiza dous cursos de mecanografía para adultos na aula CeMIT

Burela, 24 de abril de 2013. O Concello de Burela organiza dous cursos de mecanografía para adultos, que se desenvolverán na aula da Rede de Centros para a Modernización Tecnolóxica (CeMIT) a partir do vindeiro luns, día 29 deste mes de abril.

O obxectivo é ensinar aos participantes a situar as mans no teclado para escribir de forma correcta, a memorizar a situación das teclas empregando para elo o programa libre Klavaro e a sentarse correctamente diante do ordenador para non sufrir lesións.

Un dos cursos impartirase polas mañás, de 10 a 11, e rematará o 31 de maio. O outro será polas tardes, de cinco e media a seis e media, e concluirá o 23 de maio.

Ademais os interesados poderán facer uso libre dos equipos e da internet da aula CeMIT de Burela de 13 a 14 horas e de 18:30 a 20:00 horas.

Para inscribirse nos cursos ou para solicitar máis información sobre estas actividades poden dirixirse á aula CeMIT de Burela, que está na Casa da Xuventude ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.burela@xunta.es.

Exit mobile version