Na súa intervención, Mario Outeiro afirmou que “esta carreira reivindicativa polo idioma ten hoxe máis presenza ca nunca e debe facerlle fronte ao decreto do plurilingüismo que fomenta o ensino unicamente en castelán. Debemos estar orgullosos da nosa lingua, poñela en valor e empregala en todas as facetas da nosa vida, contrariamente ao que quere facer o PP que é relegar o galego do ensino”.
O xurado concurso de manifesto do Correlingua 2013 declarou gañador ao grupo Os Golgorotos de 4º da ESO do IES A Pinguela de Monforte, nun fallo que resultou difícil vista a grande calidade xeral dos traballos presentados e elaborados por grupos de secundaria e bacharelato de diferentes centros do país. O segundo premio foi para 4º da ESO do IES Pintor Colmeiro de Silleda que se presentaron baixo o pseudónimo Esmorga.
O Correlingua dálle os parabéns aos grupos gañadores que recibirán como premio unha viaxe dentro do Proxecto Terra organizado polo Colexio de Arquitectos de Galiza.
O calendario deste ano do Correlingua é o seguinte
2013/05/02 Ourense
2013/05/03 Lugo
2013/05/06 Pontevedra
2013/05/07 Monforte
2013/05/08 Silleda
2013/05/10 O Morrazo
2013/05/10 Baixo Miño
2013/05/13 Ferrolterra
2013/05/13 A Coruña
2013/05/14 Santiago
2013/05/15 Vigo
2013/05/16 A Mariña