Site icon Crónica3.com A Mariña

O curso de redes sociais que organiza a Concellaría de Desenvolvemento Local de Ribadeo comeza o luns 22 de abril

A Concellaría de Desenvolvemento Local organiza un curso de redes sociais para pemes locais, que dará comezo o vindeiro luns, 22 de abril.

A edil Ana Martínez contou que “dentro das actividades que estamos a desenvolver cos diferentes sectores en canto á formación para a mellora da xestión dos seus establecementos e dos seus produtos e logo de ter iniciado esta andaina co sector da hostalería agora presentamos este curso de formación para comerciantes e pequenas empresas do concello de Ribadeo”.

A concelleira nacionalista dixo que “esta formación vai proporcionarlles aos asistentes os coñecementos necesarios para que xestionen e dinamicen os seus espazos sociais co dobre obxectivo de difundir as súas actividades e axudar a promover as empresas da vila. Debemos ter en conta que as redes sociais deixaron de ser un fenómeno para pasar a ser ferramentas de uso cotián. Xa non estraña escoitar falar de facebook, twitts, etcétera. Pero ¿sabemos realmente sacarlle o maior rendemento para o ámbito do noso comercio ou outras iniciativas locais como poden ser a moda, a beleza, os bares, estancos, xestorías, diferentes sectores? Para iso temos que coñecer como empregar estas ferramentas para dar a coñecer o noso produto ou servizo e conseguir así dinamizar os establecementos e, por suposto, as vendas”.

O curso terá unha duración de 24 horas en total, 12 serán presenciais e vanse desenvolver os luns días 22 de abril, 6 e 20 de maio en horario de catro e media da tarde ata as oito e media. E o resto vai ser a distancia e consistirá no seguimento das accións prácticas que se vaian facendo nos grupos de traballo que se formen e no que se vai avaliar e asesorar sobre o traballo realizado. Dito curso, no que participarán unha ducia de persoas, será impartido en no telecentro de Ribadeo.

Exit mobile version