Unha Estación Depuradora de Augas Residuais que ten como peculiaridades a utilización dun sistema de tratamento pioneiro e innovador a través de plantas acuáticas macrofitas en flotación que depuran a auga. Un método ecolóxico e eficiente polo que se interesaron estes responsables públicos que, ademais de visitar as instalacións, recibiron as correspondentes explicacións sobre o seu funcionamento por parte dos técnicos.
A depuradora de Cervo é, na actualidade, a máis grande de Galicia de entre as que dispoñen deste sistema tendo en conta a ampla extensión de terreo necesario para albergar as plantas acuáticas Ao mesmo tempo, foi a segunda da comunidade en contar con este método.
A edil de Medio Ambiente explicou que “el delegado y los alcaldes tenían conocimiento de que este sistema está funcionando muy bien y de hecho, así es ya que a través de las plantas macrofitas, que actúan de filtro, conseguimos numerosos beneficios, como el ahorro energético y la garantía de un proceso ecológico, eficiente, de calidad y extremadamente respetuoso con el medio ambiente”.
A EDAR de Cervo foi financiada por Augas de Galicia, que investiu 1,3 millóns de euros para facer posible este equipamento. Un importe no que tamén se inclúe a instalación de máis de 1.000 metros de tubaxes para a recollida de augas pluviais e outros 1.000 metros para residuais no núcleo cervense.