Site icon Crónica3.com A Mariña

O Figurante Edicións convoca o I Premio de Poesía Figurante

Poderán concorrer ao I Premio de Poesía Figurante autoras e autores de calquera nacionalidade, presentando unha soa obra escrita en calquera das normas do galego-portugués.

O premio, sen dotación económica, constará da publicación do libro, nunha primeira edición de, como mínimo, cen exemplares, do que se derivarán os preceptivos dereitos de autor .

As obras aspirantes, que deberán ter unha extensión mínima de 400 versos, serán inéditas na súa totalidade en calquera medio, físico ou dixital.

Os orixinais deberanse presentar, sen referencia expresa á súa autoría e polo sistema de plica, en formato dixital (preferiblemente pdf) por medio dun cd ou memoria usb, e baixo lema. O mesmo lema deberá figurar no exterior dun sobre pechado que conteña os seguintes datos: título da obra, nome e apelidos da autora ou autor, enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono de contacto. O prazo de admisión rematará o 17 de maio.

Os traballos enviaranse por correo postal ao seguinte enderezo:

O Figurante Edicións, Estrada de Vilaselán, nº2, 6ºB. 27700-Ribadeo

Indicando no sobre I Premio de Poesía Figurante.

O xurado estará composto por persoas ligadas ao mundo da creación literaria. Corresponderalle ao xurado a interpretación destas bases e a súa decisión será inapelable. O fallo darase a coñecer durante o mes de xuño. O Premio de Poesía Figurante poderá quedar deserto.

Os orixinais enviados non serán devoltos.

Exit mobile version