Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Popular considera de urxencia labores de mantemento no entorno do Río Rato

Lugo 23 de abril de 2013.- O grupo provincial popular considera de urxencia labores de mantemento no Río Rato, especialmente en todos aqueles elementos que garanten a seguridade.

Tras coñecer o incidente de onte, e lonxe de oportunismos, xa que insisten en que a prioridade son os cidadáns e a súa seguridade, os popular lembran que fai máis dun ano xa denunciaron a falta dun mantemento integral nesta zona verde, vendo necesaria a actuación inmediata por parte de Gómez Besteiro, como único responsable da zona.

Di o PP que en estruturas delicadas e que requiren atención, tales como a madeira, elemento que foi onte o detonante do suceso, a Deputación ten que levar a cabo un riguroso control, máis aínda agora, que está moi deteriorada debido as fortes choivas e a mala climatoloxía deste inverno.

Afirma o GPP que dende que o bipartito chegou a Deputación de Lugo, non se preocupou máis polo mantemento desta zona verde, e proba diso vese na situación de abandono dos miradores e no estado no que se atopan os paseos que non están tan a vista.

Manifesta tamén o PP que antes de chegar Gómez Besteiro e o seu socio de goberno ao Organismo Provincial, pactárase a ampliación desta zona verde pero a día de hoxe todo sigue igual.

O GPP insiste en que a seguridade dos cidadáns é o primeiro polo que pide que se leve a cabo un plan de mantemento no entorno do Río Rato, especialmente naqueles elementos que garanten a seguridade e que non se agarde a que pase algún altercado para poñerse a traballar.

Exit mobile version