Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Perdou conmemorou o Día do Libro con varios actos

IMG_0314O instituto Perdouro de Burela levou a cabo diversas actividades no Día Internacional do Libro. Na hora de ler, adicaron a lectura ao Don Quixote a partir do libro interactivo e no recreo formaron unha ‘libercadea’ a partir dun libro xigante. Unidos polos libros, máis de 100 alumnos de ESO e Bach acompañados polo profesorado xuntáronse o redor do libro das verbas. E para clausurar o acto, Fran García, alumno de CF, Julieta Durán, alumna de 1º de Bach. e Isabel Lawicki de 1º de ESO leron 3 manifestos na honra dos libros. Para rematar a mañá, o alumnado de 4º de ESO participou no III Maratón de lectura organizado polo Colectivo Cultural Buril coa lectura da obra Follas Novas de Rosalía de Castro.

Exit mobile version