Site icon Crónica3.com A Mariña

O Padel Ego cae con mala sorte en Ferrol

Os xogadores mariñáns do padel Ego perderon esta fin de semana nun duelo crucial contra o Club del Campo Ferrol. Os mariñáns non se adaptaron de todo ben ás instalacións do club ferrolán e perderon por un global de 3-2.

Os puntos mariñáns foron conseguidos polas parellas formadas por Marcos/Jesús Timiraos e Suso/Diego Rey. A eliminatoria estivo marcada pola lesión de Fran, xogador do Padel Ego, cando o resultado era de 2-2 e un set arriba para os mariñáns. Esta situación foi clave para o resultado final da eliminatoria.

A pesar desta derrota o padel Ego segue segundo de grupo e con moitas opcións de clasificarse para o play-off de ascenso.

Na 5ª categoría o padel Ego B vence ao Sporting Club Casino na Coruña
O filial do Ego demostrou o seu gran estado de forma vencendo por un resultado de 2-3 aos coruñeses na súa cancha, vitoria que fai que os mariñáns escalen cara a tercera posición da táboa.

As victorias mariñás foron conseguidas por Varela/Pino, Mario/Miguel e Carlos Jorge/Quelle. Con esta vitoria o equipo acaba cunha actuación máis que meritoria a fase regular do campionato.

O equipo vivariense espera agora rival para clasificarse na mellor posición posible a nivel autonómico e eludir así o descenso a 6ª categoría.

Próximos encontros
O padel Ego (2ª categoría) enfróntase o domingo ás 11:00 ao Padelmar nas instalacións do hotel Ego nun encuentro moi importante para manter a 2ª praza da táboa. E o padel Ego B (5ª categoría) descansa esta fin de semana e parte como cabeza de no cuadro de eliminatorias pola permanencia.

Exit mobile version