Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pasatempo abre as inscricións para o seu tradicional maratón de fútbol sala

Despois de catro anos organizando este torneo, a Asociación Cultural O Pasatempo convoca unha nova edición para a primeira fin de semana do mes de xuño. Os días 7, 8 e 9 o pavillón de Mondoñedo acollerá de novo a equipos da comarca e outras provincias.

Nesta edición os premios serán os seguintes:

– 1º clasificado 1.500 € + trofeo

– 2º clasificado 600 € + trofeo

– 3º e 4º clasificado 200 € +trofeo

– Mellor equipo local 100 € +trofeo

Haberá ademais trofeos para o mellor xogador, o mellor porteiro e o máximo goleador. Tódolos trofeos son artesanais e orixinais, realizados por artesáns mindonienses e da comarca. A data límite para inscribirse será o 5 de xuño, con un máximo de 24 equipos participantes. O sorteo de grupos e horarios realizarase esa mesma semana. O prezo de inscrición por equipo é de 100 €, a mesma contía que nos anos anteriores.

Tódolos partidos contarán con árbitros federados e para os equipos que o precisen haberá descontos no aloxamento durante a fin de semana. Tamén se habilitará unha zona de acampada para aqueles que o prefiran. Para máis información e inscricións, os equipos interesados poden dirixirse ós seguintes números de teléfono: 630314749 – 651958770.

Exit mobile version