Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA Ribadeo continúa o luns co Plan de Formación cun curso de manipulador de alimentos en comercio e hostalería

Ribadeo, 24 de abril de 2013. O vindeiro luns, 29 de abril, continuará o plan de formación que ACISA lles ofrece aos seus socios cun curso de manipulador de alimentos en comercio e tamén en hostalería.

É a empresa Álvarez Real, asociada de ACISA, a que se encarga de impartir ditos cursos, tralo convenio asinado fai meses coa Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.

Este curso terá lugar o luns en horario de 16:30 a 19:30 horas, nas instalacións de ACISA na avenida de Galicia, 20-2ª planta. A esta cita acudirán todos aqueles hosteleiros que non puideron asistir ao primeiro curso de manipulador celebrado a principios do presente mes de abril

Exit mobile version