Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo critica as “contradicións” de Suárez Barcia sobre a construción dunha gardería

Ribadeo, 1 de abril de 2013.- O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad criticou ao rexedor, por contradicirse e facer da realidade unha das súas habituais demagoxias.

“Suárez Barcia pedía hai un tempo, por activa e por pasiva, a creación dunha gardería no Concello. Agora, que Goberno Central e Autonómico, lle conceden os sesenta mil euros para a súa construción, rexéitaa, alegando que é innecesaria”- critica López Penabad, quen engade que o único que fixo o rexedor foi demagoxia posto que “senón fai falta agora, tampouco o fixo no seu momento”.

O popular critica a mala xestión do alcalde e asegura que manipulou a realidade, facendo demagoxia con este tema, posto que ninguén cree , que se de conta a estas alturas, de que a gardaría non fai falta.

Di o presidente dos populares de Ribadeo que con estes feitos, Suárez Barcia vén a dar a razón ao seu partido, quen dende un primeiro momento optou por non construír a gardaría posto que consideraba que non era algo necesario e urxente.

Exit mobile version