Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP esixe a comparecencia inmediata de Besteiro para dar conta do posible caso de malversación de fondos no programa Km 0

Logo de coñecerse que a Xustiza investiga un posible caso de malversación de fondos na xestión do programa de visitas Km 0 da Deputación de Lugo, o Grupo Provincial do Partido Popular esixe a comparecencia inmediata do seu presidente José Ramón Gómez Besteiro

Amosánse prudentes pero sinalan que debe ser a Fiscalía quen ten que avanzar na investigación deste caso e depurar as responsabilidades penais que poidan derivarse de tales feitos.

Segundo ten transcendido en diversos medios de comunicación, a investigación xurde logo de que o Ministerio Fiscal chamara a declarar a varias persoas a raíz das denuncias de varios traballadores, e incluirían acusacións de relevancia penal e presuntos delitos de acoso laboral, feito moi salientable nun goberno que presume de progresista e de defensor dos dereitos dos traballadores

Cómpre salientar que o servizo de Protocolo que dirixe Juan Carlos Pulpeiro, implicado na investigación, depende directamente da área de Presidencia, e polo tanto é responsabilidade directa de José Ramón Gómez Besteiro quen debera dar as explicacións oportunas de xeito inmediato sobre estes feitos.

O PP afirma que resulta sorprendente que estean a multiplicarse as irregularidades das que é protagonista a Deputación de Lugo xa que nas pasadas datas xurdía unha nova denuncia que se trasladaba tamén á Fiscalía tras coñecerse que a administración que preside Gómez Besteiro certificou e pagou obras sen rematar por valor de 300.000 euros na piscina de Monterroso.

Continúan manifesta que todos estes casos confirman as denuncias efectuadas polo Grupo Provincial Popular cando acusa ao Presidente da Deputación e aos integrantes do Goberno bipartito de actuar con opacidade e escurantismo, o que sen lugar a dúbidas dana á imaxe da provincia de Lugo.

Finalmente sinala o PP que tampouco é a primeira vez que o programa de visitas da Deputación de Lugo está no eido da Xustiza xa que en pasadas datas coñecíamos como os tribunais revocaban o uso da marca Km 0 por estar rexistrada a favor do Concello de Lalín. Neste caso a investigación adquire relevancia penal pola presunta malversación de fondos públicos vinculada a este programa.

Exit mobile version