Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG do Valadouro esixe o arranxo inmediato das instalacións do Centro de Saúde

“O goberno do PP e o Sr. Feijoo ó fronte da Xunta de Galicia, demostra unha vez máis -e de forma ben visible- que a súa política de recortes, non só non soluciona os problemas da sociedade galega, senón que o que fai é causar graves prexuízos ós cidadáns. Esta vez, os usuarios do sistema galego de saúde, e unha vez máis, ós cidadáns do Valadouro”, manifestan dende o PSdeG do Valadouro.

“A Xunta e o goberno do PP chegan ós límites máis insospeitados, reducindo á mínima expresión o mantemento das instalacións onde se deberan prestar os servizos de atención sanitaria, deixando estes en completo abandono”, denuncian.

O centro de saúde de Valadouro, sufre, dende fai moitos meses -máis de 9- este abandono, segundo explican os socialistas. Ademais, engaden que “o deterioro da cuberta é xa preocupante, con goteiras que ameazan mesmo a algúns equipos informáticos do Centro”.

O servizo de señoras esta avariado e pechado con chave dende fai 3 meses
Os usuarios do Centro de Saúde, na súa gran parte persoas maiores, non se merecen, despois de toda unha vida pagando a Seguridade Social, un Centro de Saúde nestas condicións, nin un goberno que os deixe abandonados desta maneira.

Por todo isto, o PSdeG do Valadouro propón ó Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte acordo:
– Declarar este asunto de extrema urxencia e necesidade.
– Esixir a Xunta de Galicia, a través da Consellería que mellor proceda, o arranxo inmediato das deficiencias do Centro de Saúde de Valadouro, as mencionadas, e as que puideran detectarse unha revisión axeitada do estado de conservación das instalacións.
– Que dita revisión e reparación se faga de forma inmediata e urxente.
– Que o Alcalde Presidente da Corporación Municipal se poña mans ó asunto inmediatamente, facultándoo para a realización de cantas xestións e actuacións fosen precisas para resolver este asunto “xa”.

Exit mobile version