Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Burela pide a dimisión do concelleiro de Obras por ter unha licenza de obra caducada dende o 2010

Dende o PSdG-PSOE de Burela temos que informar que cada día que pasa máis nos están a sorprender dende o equipo de “desgoberno” de Burela. A última da que temos documentación é un tema que consideramos moi grave e que alguén terá que tomar cartas no asunto.

Vimos de saber que o representante do Partido Popular de Burela, o que di ser concelleiro de Obras, o Sr Fernández Valle, ten a licenza de obra que está a facer no Camiño de Cotos a Ril caducada dende o 2010. Nós non imos a entrar na situación de legalidade ou ilegalidade que poida desprenderse de esta situación, iso é cousa de outros, pero si que imos a entrar no aspecto político de esta irregularidade.

Dende o PSdG-PSOE queremos manifestar o noso máis profundo malestar por esta situación e pedirlle ó Sr. Fernández Valle que polo ben do Concello como institución e polo bo funcionamento democrático do mesmo que ten que abandonar o seu cargo inmediatamente, xa que entendemos que é un auténtico desprestixio para o propio Concello ter un concelleiro de obras que non cumpre coa lexislación como debera, ¿que lexitimidade pode ter o Sr Valle para facer que os veciños e veciñas de Burela cumpran coas súas obrigas si el mesmo é incapaz de cumprir? Entendemos que o Sr Valle debe de dar unha explicación clara sobre esta situación tendo en conta que é un representante dos veciños e veciñas, e que debe de ser un exemplo para todos eles.

Na documentación que obra no noso poder a licenza de obra do Sr Valle foi concedida no 9 de febreiro de 2007, prazo que foi ampliado o 25 de xaneiro de 2010 a petición do Sr Valle con escrito presentado no Concello, o día 7 de xaneiro de 2010 a xunta de goberno considerou darlle unha prórroga de tres anos dende a fecha da licenza, prazo que se cumpriu o 9 de febreiro de 2010, na propia acta da xunta de goberno indica que o prazo da prórroga en ningún caso poderá superar o prazo inicialmente acordado.

En todo caso recomendámoslle ó Sr Valle que como manda a lexislación poña un cartel informativo na obra onde se indiquen as características da licenza, promotor, construtor da obra, fechas de concesión de licenzas, etc, etc.

Como en todas estas informacións que vamos denunciando temos toda a documentación que acredita o que dicimos e poñémola a disposición de todos aqueles veciños e veciñas que queiran vela.

Comisión Executiva do PSOE de Burela


Ramiro Fernández Rey Remedios López Villar

Secretario Xeral Secretario de Organización

Exit mobile version