Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de O Valadouro solicitará a urbanización do Camiño da Cruz

En varias ocasións, o PSOE de O Valadouro, por medio de propostas, rogos e preguntas, conversas etc, coa actual Alcaldía, así como iniciativas en pasadas lexislaturas, ben reclamando a necesidade de urbanizar o chamado Camiño da Cruz, dende a Avenida de Viveiro ata a Avda. da Costa.

O grupo municipal socialista está convencido de que dita urbanización e imprescindible para desconxestionar o tráfico de entrada a Vila de Ferreira pola Av da Costa, derivando o tráfico de entrada que se dirixe á zona do Colexio , Casa da Cultura e da Terceira Idade, así como a zona comercial da Av. de Viveiro, sen ter que pasar pola Ponte.

O estado actual do firme, a estreiteza da vía , as curvas, o enlace na Ponte da Alaxe, fan do traxecto unha aventura non exenta de certo perigo, tanto para os vehículos coma para os peóns. O PSOE do Valadouro tamén considera necesario e razoable a urbanización deste tramo de vía.

Considerando que o momento económico do Concello é favorable, e a obra de verdadeira necesidade, o portavoz do grupo municipal socialista, Edmundo Maseda propoñerá ao Pleno da Corporación a adopción dos seguinte acordo:

– Iniciar os tramites necesarios, a redacción dos proxectos regulamentarios e todas as xestións e actuacións necesarias para iniciar este ano 2013 a urbanización do “Camiño da Cruz”.

-Facultar o Sr. Alcalde Presidente da Corporación Municipal, para a realización das devanditas xestións.

Exit mobile version