Site icon Crónica3.com A Mariña

O ribadense Ginzo, campión de Asturias de Maratón

O atleta ribadense José Ginzo, que pertence á disciplina do Atletismo Occidente de Navia, proclamouse campión de Asturias de maratón ao vencer o pasado domingo no I Maratón de Langreo.

O frío, a chuvia e por momentos a neve marcaron unha competición na que José Ginzo soubo xogar as súas bazas e pegar o arreón no momento xusto, en torno ao quilómetro 22, para irse dos seus perseguidores. O fondista ribadense tardou 2 horas, 48 minutos e 50 segundos en completar os 42.195 metros da maratón. En segunda posición chegou o xixonés Iván Martínez (2:50:48), e en terceira posición chegaba o polaco afincado en Mieres, Artur Flisiak (2:51:13).

Exit mobile version