Site icon Crónica3.com A Mariña

O tempo para os enganos está esgotado

Enrique Geada.-Parafraseando a Abraham Lincoln:

“Podemos enganar a todos durante algún tempo; podemos enganar a alguén sempre; pero non podemos enganar sempre a todos”.

Quizais os sufridos cidadáns, dirixidos por uns gobernantes ansiosos de conquerir un estado de benestar moi particular (baixo un poder desmedido), “non souberon deterse cando subiamos e agora é máis difícil deterse cando baixamos”.

A este Autobús chamado España, estáselle finalizando o recorrido, e se non se lle arranxan os freos non parará e estrelarase nos acantilados da política (desestructurada socialmente) comandada por Europa.

Hai que arranxar os freos e parar este Autobús mal conducido; basta de enganar para gañar tempo, basta de sobresaltar baixo unha inutilidade manifesta de xuízos a longo prazo, basta de debates estériles, basta de submisión e obediencia a unha política de intereses europeos, controlada por poderes fácticos.

Os freos arránxanse con mecánicos (políticos) que saiban manexar as ferramentas dunha gobernabilidade soberana (non de dependencia exterior, por moi xustificada que esta sexa). Mecánicos (políticos) serios que devolvan ó pobo a dignidade e o respecto, que o reciclen e o fagan autónomo e soberano.

Un Autobús de liberdade e con freos que o controlen, onde non poidan viaxar corruptos, demagogos nin mentireiros.

Un Autobús moderno e solidario sen avarías nin dependencias, conducido pola autovía da convivencia sostida alargando o seu traxecto para poder amortízalo sen que o prazo (de austeridade brutal) o converta en chatarra.

Un Autobús con tarifas axeitadas dentro da proporcionalidade que corresponde a unha sociedade empobrecida.

O tempo esgótase e ponse en evidencia as mentiras interesadas, as cortinas de fume, a incompetencia dos mecánicos (políticos) que tratan de gañar tempo en discusións banais sen ter en conta que un minuto que pasa é irrecuperable; sabendo isto, “como se pode malgastar tantas horas en arranxar as avarías?”.

De seguir así, viaxeiros (cidadáns) deste maltreito Autobús (España), só nos queda encomendarnos ó diaño, pois para Deus non temos crédito.

Enrique (Quique) Geada

Ex -Alcalde

Val do Ouro

Exit mobile version