En canto aos resultados na modalidade masculina, patrocinada por Servicios Gráficos Medias Tintas, a parella gañadora foi a formada por Gonzalo, de Navia, e Carlos, de Pontevedra. En segundo lugar clasificáronse Venancio Granda, de Barres, e Diego, de Barreiros. Os terceiros foron Pachi, de Viveiro, e Yan Luis, de Lugo.
No torneo mixto, patrocinado pola tenda Siete Pecados, gañou a parella formada por Jacobo Gradaílle e Tatiana, de Xove. No segundo posto clasificáronse Patxi e Rosa, de Viveiro; e o terceiro correspondeu a Nahir e Angelote, de Lugo.
E na modalidade feminina, tamén co patrocinio de Siete Pecados, os gañadores foron Eugenia, de Oviedo, e Ana Alonso, de Castropol. En segundo lugar clasificáronse Nahir, de Lugo, e Rosa, de Viveiro; e o terceiro posto foi para Tatiana e Raquel, de Viveiro.
Entre as tres modalidades repartíronse premios por un total de 1.300 euros en cheques regalo para gastar na tenda Siete Pecados, de Ribadeo.