Site icon Crónica3.com A Mariña

O VIII Torneo Internacional de fútbol veterano Vila de Ribadeo disputarase os días 25 e 26 de maio

DSCF1545O evento reunirá a 39 equipos españois e portugueses.

Ribadeo, 23 de abril de 2013. Ribadeo acollerá os días 25 e 26 de maio o oitavo Torneo Internacional de fútbol veterano Vila de Ribadeo, no que se darán cita 39 equipos chegados desde diferentes puntos da xeografía española e portuguesa. Un millar de persoas chegarán á localidade esa fin de semana para participar nesta cita deportiva que organiza a Asociación Deportiva de Veteranos do Ribadeo FC e que é un referente en todo o país.

O edil de Deportes, Vicente Castro, sinalou que “se trata do oitavo torneo de veteranos do Ribadeo FC, pero o segundo con carácter internacional. De aí que sexa moi importante a súa consolidación. É moi positivo desde o seu punto de vista deportivo, pero tamén lúdico, turístico e económico, o que agora se entende por turismo deportivo”. Castro destacou que “hai poucos torneos de fútbol desta índole en todo o estado español, e tamén é o único destas características en Galicia”. O edil nacionalista dixo que “este torneo anima aos xogadores a seguir practicando deporte e a seguir relacionándose cos compañeiros cos que xogou durante anos. A experiencia do ano pasado foi un aporte económico moi importante para a hostalería ribadense en tempada baixa”.

Pola súa parte o presidente de Acisa, Roberto Rivas, puntualizou que “é un torneo importante para o desarrollo económico da hostalería ribadense. Estamos encantados de traballar con eles porque fan algo moi positivo para nós. Temos que animalos a seguir neste camiño, agardamos que todo salga con éxito e que a xente quede con ganas de volver a Ribadeo”.

Víctor Manuel Pérez Quintana, secretario da Asociación de Veteranos do Ribadeo FC, indicou que “serán 28 equipos dos 39 equipos participantes os que pernoctarán en Ribadeo esa fin de semana, co que iso supón para o sector hostaleiro”. Y tivo palabras de agradecemento para o Concello de Ribadeo, a Deputación de Lugo y a ACISA a súa colaboración e tamén para o Celta Barreiros, o Astur Vegadense e o Real Tapia C.F. pola cesión dos campos para disputar este torneo y ó Ribadeo FC tamén o seu apoio.

O oitavo Torneo Internacional de fútbol veterano Vila de Ribadeo presentouse esta tarde nas instalacións de Acisa.

Exit mobile version