Site icon Crónica3.com A Mariña

O vindeiro 9 de maio remata o prazo de presentación de traballos para os certames de narración e debuxo de Barreiros

Barreiros, 5 de abril de 2013. A biblioteca pública municipal convoca con motivo da celebración do día das Letras Galegas dous certames destinados aos escolares de Barreiros.

A toda máquina é o título da temática para os dous certames: narración e debuxo. En total establécense tres categoría: A (ata 8 anos), B (de 9 a 11 anos) e C (de 12 a 16 anos).

O prazo de presentación dos traballos na Biblioteca Pública rematará o 9 de maio. Os premiados nesta fase participarán nunha segunda a nivel provincial, convocada pola Biblioteca Provincial. Desde o Concello de Barreiros animan “aos nenos e nenas do municipio a participar nestes certames”.

Campamentos verán

Por outra banda, ata mediados de abril é posible inscribirse para participar nos campamentos e actividades do verán de 2013. Os beneficiarios serán nen@s e moz@s de 9 a 17 anos e moz@s de 18 a 35. “Haberá descontos en campamentos dun 25% si es usuario do carné xove e do 50% para membros de familias numerosas. E tamén haberá descontos en actividades do 10% si posúes o carné xove e do 25% para membros de familias numerosas”, explican desde o Concello.

Os interesados en obter máis información poden dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil de Barreiros.

Exit mobile version