Site icon Crónica3.com A Mariña

O Xerro do Salnés 2013 queda en Xil

xerro salnés 1Tódolas conferencias da serpe multicolor da LNB fan un alto na competición da liga regular para facer unha xuntanza festeira e de convivencia. Unha das citas máis agardadas pola tribu billardeira. A obrigada visita que ano tras ano, con frío ou con sol, se fai á Capela das Angustias en Xil-Meaño. Non tanto polo aberto de billarda en sí cuanto pola gran xornada festiva na que palanadores de tódolos recunchos nos encontramos para botarlle unhas cuncas, de albariño ou barrantes, segundo os gustos de cada quen, acompañados de petiscos diversos que mitiguen un poco a xenerosa inxesta da uva liquida.

A xornada deu comezo en Ribadeo, donde as oito da mañá un fato de palanadores sedentos de se fartar da brevaxe dos deuses, subiron o bus que os iba transportar cara as terras do Salnés.

Algunha parada polo camiño para recoller a outros componentes e chegada puntual a Taberna de Cancela, o noso centro operativo dende o que, logo de probalo delicioso néctar servido por Abel, damos comezo o barathon de furanchos.

O sol xunguiuse a festa billardeira lucindo no alto. Os ollos dos palanadores non lle iban a zaga e por veces, mesmo semellaban co seu brilo, querer competir co astro rei.

Entre furancho e furancho a maña pasou lixeira e chegouse a hora do aberto ca ledicia e satisfacción do deber cumprido: “Beber alomenos tres cuncas de viño para poder participar”. Disque algúns, e penso que foi a maioría, logo da quinta xa perderon a conta e por non ir cunha de menos, botáronlle outra.

Do enfrontamento podemos resaltar que os do norte en ningún momento lle perdemos a cara ó partido e si temos en conta que un alto porcentaxe dos do sur non fixeron a obrigada peregrinaxe de furanchos senón que chegaron xusto á hora de comezo do encontro, madia leva, entón podemos dicir que o fixemos moito mellor do agardado. O ano pasado trouxemos o xerro e desta volta quedou en Xil, non poidemos retelo pero quédanos a certeza e a obriga de para o ano voltar a buscalo.

A billarda por riba da deportiva competividade permítenos pasar xornadas como a do sábado en Xil, donde o de menos e gañar ou non e o de máis é a sana convivencia de homes, mulleres e nenos de tódolos recunchos, de tódalas idades e co gallo de pasalo ben.

Agora toca rematala competición, no caso da conferencia NorLeste ca derradeira xornada de Remourelle o vindeiro 12 de maio, donde se coñeceran tódolos campións de conferencia do 2013 e tódolos clasificados para as finais do 23 de maio en Marrozos, Santiago de Compostela.

Exit mobile version