O antigo Colexio de Palmeiro, hoxe reconvertido en edificio de usos múltiples, está sendo obxecto dunha importante obra coa mellora dos seus accesos.
Neste edificio está ubicada a Escola Municipal de Música de Xove; no mesmo realízanse ao longo do ano todo tipo de cursos, e tamén realizan actividades algunhas asociacións como pode ser a Asociación de Mulleres Bolboretas. É, polo tanto, un edificio moi utilizado, cun uso diario intensivo por parte de moitas persoas, en especial nenos/as e rapaces/as.
O acceso a este lugar estaba conformado por un pequeño vial en curva, que discurre ao lado dun terraplén, e con paso para un só vehículo.
Pois ben, o Concello preparou un proxecto para mellorar este acceso, proxecto denominado “Acondicionamento e mellora dos accesos e entorno do edificio de usos múltiples de Palmeiro”. Presentadas ofertas por varias empresas, foi adxudicada a empresa Carferlo S.L. en 30.636´86 €. Esta empresa comezou hai uns días esta obra de mellora, atopándose nestes intres prácticamente rematada a fase de ancheamento.
O acceso, polo que agora apenas cabe un vehículo, vai pasar a ter un mínimo de 6 metros de calzada. Dado que se trata dun vial que corta un terraplén, vai levar recollida de pluviais, co cal se mellora a seguridade do vial e se evita o deterioro do mesmo. Unha vez rematado a fase de ancheamente e compactada a caixa do vial, váiselle dar unha capa de aglomerado; e para rematar, vaise asegurar cun quitamedos polo lado do terraplén.
En conclusión, con esta obra preténdese facer máis cómodo o acceso ás instalacións e mellorar a seguridade do vial, permitindo o cruce de vehículos e eliminando o perigo de caída polo terraplén.
Esta obra está englobada dentro do Plan Provincial de Obras e Servizos da Deputación de Lugo. A financiación da mesma é a seguinte:
-Aportación do Concello de Xove 17.480,00 € (57.05%).
-Aportación da Deputación Provincial 13.156,86 (42.95%)