Os medios de comunicación informáronnos posteriormente de que na xuntanza da troika (Comisión Europea, BCE e FMI) suavizaron esa postura para que o custo final das propietarios dos depósitos bancarios fose de 5.800 millóns de euros e a “expropiación” non se fixese linealmente, senón pagando unha maior porcentaxe a partir dos 100.000 euros por conta bancaria. Resulta que Comisión Europea, Unión Europea e Fondo Monetario Internacional decidiron, pois, roubar unha parte dos aforros depositados nas entidades que compoñen o sistema financeiro de Chipre, para facer fronte aos 5.800 millóns de euros que estiman necesita urxentemente. A súa banca privada para recapitalizarse.
Cómpre non esquecer que, co obxectivo explícito de dar credibilidade ao sistema bancario da Unión Económica Monetaria (UEM), aprobouse ao comezo da actual crise económica: a cantidade garantida para os depósitos dos aforradores bancarios multiplicouse por cinco, xa que pasou de 20.000 a 100.000 euros por persoa e Banco ou Caixa. Se non lembro mal, o estado irlandés inmerso nunha gravísima crise da Banca, foi máis alá e garantiu sen límite os aforros nas súas entidades, para maior fiúza das moitas persoas que estaban a retirar o seu diñeiro.
De manual de primeiro de