Site icon Crónica3.com A Mariña

Os atletas veteranos do CD Egovarros-Viveiro conseguen 9 medallas no Campionato de España de Maratón

imageCunha participación de máis de 1000 atletas chegados de todos os puntos da xeografía española, disputouse o pasado domingo na cidade da Coruña, o Campeonato Galego e de España de Maratón. Os atletas tiveron que dar tres voltas a un circuíto de 17 km ata completar o percorrido de 42 km e 195 metros, e por fin a climatoloxía quixo acompañar a todos os atletas facendo un día soleado coa única pega dunha lixeira brisa que os acompañou durante toda a proba.

Polo que respecta ós atletas do club vivairense, demostraron estar ó máis alto nivel acadando 9 medallas. No apartado feminino, destacar a excelente proba que realizou Manuela Guisasola, proclamándose campioa galega e subcampioa de España na categoría de W-50, cun tempo de 3 horas 43 minutos e 02 segundos, sendo a súa primeira participación nunha maratón; a súa compañeira Isabel Brea na categoría de W-60 fíxose co campionato galego.

No apartado masculino, Antonio Cabana en M-70, proclamouse campión galego e campión de España, cun tempo de 3 horas, 52 minutos e 01 segundos; o seu compañeiro Emilio Martínez en M-50 fíxose co campionato galego e co subcampionato de España, cun tempo de 2 horas 41 minutos e 26 segundos; e Jesús Bernal na categoría de M-65, foi segundo no campionato galego e terceiro no campionato de España.

Outros atletas destacados foron Eliseo López en M-60 que ocupou o cuarto posto no campionato galego e Emilio Toral en M-55 que foi octavo no campionato galego.

Exit mobile version