Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares consideran que a ACIAM tamén debería ser convidada a visitar as Covas do Rei Cintolo porque promoven o turismo local

• O PP local explica que esta actitude provocou malestar noutros establecementos e asociacións que tamén poden informar aos seus clientes sobre a actividade nesta cavidade

• Os populares critican estes plantexamentos aos que cualifican de “moi curtos de mira” e que polo tanto non optimizan a rendibilización da oferta turística local

• Asemade, dende o PP instan ao equipo de goberno a que escoite ás entidades representativas do sector e esíxenlles que deixen de actuar de “espalda” aos colectivos que contribúen a dinamización da localidade

Mondoñedo, 17 de abril de 2013- En relación a carta remitida soamente a hostaleiros por parte do alcalde de Mondoñedo, Orlando González, para que visiten a cova do Rei Cintolo; os populares lamentan o desatino do equipo de goberno ao deixar esquecidos e non convidar a outros entes, empresas ou asociacións, como ACIAM (Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Mondoñedo), que tamén contribúen a promoción do turismo local.

O Partido Popular explica que esta actitude provocou malestar noutros establecementos e asociacións, que tras a visita “tamén poden informar aos seus clientes ao respecto e suxerirlles que coñezan a cavidade”.

Os populares critican estes plantexamentos, aos que cualifican de “moi curtos de mira”, e que polo tanto non procuran a máxima optimación dos recursos e medios existentes para rendibilizar a oferta turística local.

Ante esta situación, dende o PP local instan ao equipo de goberno a escoitar as entidades representativas do sector, ao tempo que lle esixen a Orlando González que deixe de actuar de “espalda” aos colectivos que contribúen á dinamización da localidade.

Exit mobile version