Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares tachan de insostible o estado das vías provinciais e úrxenlle a Besteiro a posta en marcha inmediata dun plan de rebacheo de calidade

• As vías provinciais están intransitables pola “incapacidade e incompetencia” dun goberno bipartito provincial que traballa baixo unha organización “inoperativa e caótica”

• O mal estado das vías responde a unha “mala xestión” do orzamento que se “aforra en tarefas básicas de conservación e se inviste en aglomerado en quente que vende mellor nos medios”

Lugo 18 de abril de 2013.- O Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Lugo tacha de “insostible” o mal estado da rede viaria de titularidade lucense e úrxenlle, polo tanto, ao máximo responsable da administración provincial, José Ramón Gómez Besteiro, a posta en marcha inmediata dun plan de rebacheo que permita subsanar as deficiencias que presentan as estradas.

Os populares vense obrigados unha vez máis a denunciar a actitude pasiva dos socialistas na Deputación de Lugo ante as peticións de alcaldes e veciños que de maneira reiteirada están a solicitar a realización de acometidos nas estradas de titularidade provincial.

Segundo os populares, o estado que presenta moitas destas vías é “lamentable, con importantes baches e desprendementos en terrapléns, froito da xestión incompetente” dun goberno bipartito que ao parecer “é incapaz de controlar a conservación destas vías”.

Neste senso, o Grupo Provincial do Partido Popular asegura que a Deputación que preside Gómez Besteiro non realiza nin as labores mínimas de mantemento en estradas e que “continuamente están os rexedores enviando as queixas dos veciños que protestan pola dificultade que teñen para transitar polas vías”.

Critican os populares que Gómez Besteiro atende ao bacheado en épocas electorais pero que, pasados os comicios, esquécese das estradas provinciais, non desenvolvendo as tarefas mínimas de conservacións básicas.

Exit mobile version