Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Sendeiros viaxan a Noia

noiaOs Sendeiros de Foz organizan o andareiro 94 que se desenvolverá o vindeiro domingo 28 de abril por Noia. Para participar na ruta de dificultade media “Monte San Lois” é preciso anotarse antes do venres 26 de abril nos teléfonos 670 36 90 17 ou 696 23 60 20 ou a través do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo de inscrición para os socios é de 18 euros, mentres que os que non o son deberán pagar 23. Recoméndase levar xantar e equipo de senderismo. A saída efectuarase ás sete da mañá dende o Concello.

Exit mobile version