Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas acusan á Xunta de non ter creado “unha soa praza pública” en residencias para a terceira idade en Lugo

Concepción Burgo advirte que o Goberno galego destina 14 millóns de euros para unha residencia privada en Bóveda mentres destina 6,5 para os centros públicos en catro anos.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 13. A parlamentaria socialista Concepción Burgo acusou hoxe á Xunta de non ter creado “unha soa praza pública” en residencias para a terceira idade día para a provincia de Lugo. Burgo presentou unha pregunta oral sobre o incumprimento dos compromisos do goberno galego para dotar esta provincia de novas prazas.

A parlamentaria socialista revelou que as prazas que o goberno galego anuncia como públicas “son en realidade prazas concertadas pagadas a centros privados que defenden os seus intereses particulares”. Advertiu que as conclusións da xestión do goberno galego é que hoxe Lugo é a provincia galega con menos prazas para a terceira idade.

Burgo criticou, que das 372 prazas de residencias para a terceira idade que anunciou o goberno galego, a realidade e que 360 corresponden a centros construídos polo goberno socialista entre 2005 e 2009, mentres as outras 12 “corresponden a centros concertados, polo que non crearon unha soa nova praza pública mentres se nega a concertar prazas nas residencias públicas que creará a Deputación de Lugo”.

A deputada luguesa sinalou que mentres a Xunta “presume” de ter investido 6,5 millóns de euros na atención dos maiores durante toda unha lexislatura, a realidade é que, explicou, “esta cifra palidece diante dos 14 millóns de euros que destinaron para a construción dunha residencia privada no concello de Bóveda”.

Salientou que esta decisión forma parte da estratexia deliberada da dereita de “rebaixa e aniquilación dos servizos públicos tamén en algo tan necesario como é o coidado da terceira idade”. Criticou que o goberno galego ten rebaixado de forma constante as axudas á dependencia e á atención dos maiores en Galicia mentres “renuncian a crear novas prazas públicas”.

Exit mobile version